Pobreza contra altruísmo: as dúas caras da crise actual.

A crise española provocou un cambio na vida de moitas persoas. A través da mirada dun vagabundo analizarase o labor social dunha ONG e os motivos polos que hai xente remisa a beneficiarse dos seus servizos.

20130824 food ngo spain 1 Ovidio Fulgeiro neu

 

“Oia, lémbrase de min? Oia, estou a pasar fame”. Son as palabras que Ovidio Fulgeiro, vagabundo desde hai máis de 30 anos, repetiu en tantas ocasións. O máis curioso do caso é que non pide comida a ningunha ONG senón aos comerciantes que botan ao lixo os produtos caducados. Coma contraposición atópase a “Fundació Banc dels Aliments de Barcelona” (FEBAB), unha organización benéfica que suministra alimentos a comedores sociais e outras entidades receptoras co obxectivo de axudar aos máis desfavorecidos. Dous efectos dunha mesma situación que se vive en España cada vez con máis intensidade por causa da crise: xente que quere axudar e xente que precisa ser axudada, pero que ás veces non chegan a harmonizar.

Segundo o último estudo do IEC (Instituto de Estatística de Cataluña) unha de cada cinco persoas atópase en risco de pobreza en Cataluña. Esta grave situación é lixeiramente paliada por entidades como a FEBAB. A ONG intégrase dentro da Federación Europea de Bancos de Alimentos, formada por un total de 204 bancos de 21 países diferentes, e encárgase de repartir os produtos a través de institucións coma os xa mencionados comedores sociais. A pesar de non ter un contacto directo cos máis necesitados o seu traballo é fundamental, pois coordinan e xestionan as axudas que reciben para que cheguen á maior cantidade de xente posible.

Porén, persoas como Ovidio conseguen subsistir a través de alternativas como aproveitar os alimentos que os supermercados botan diariamente ao lixo. Os seus 70 anos permitíronlle experimentar en primeira persoa como a crise afectou cada vez máis ao seu entorno máis achegado. “Cando eu comecei a mirar para os colectores todos ríanse de min, pero agora moitos deles acabaron procurando chatarra e comestibles coma min. Fai máis de 20 anos que non compro unha barra de pan, nin aceite, nin azucre”.

Esta humilde perspectiva é a mesma que se proxectou no último congreso que a FEBAB realizou o pasado mes de abril. O dispendio de alimentos que poderían ser aproveitados é precisamente un dos temas que máis inquieta ao presidente da fundación, José Antonio Busto. Segundo explicou, dentro da Unión Europea malgástanse unas 89 toneladas de produtos alimenticios anuais, o que supón case un 50% do total de alimentos producidos. Cuns sinxelos pasos como reducir os excedentes de produción, promover a compostaxe dos desfeitos ou fomentar unhas políticas adecuadas, o problema veríase amplamente paliado. “Moitos dos alimentos marcados como caducados aínda están en bo estado, pero os vendedores non mos queren dar porque se me pasase algo eles terían a culpa”, puntualiza Ovidio.

A causa desta escaseza de produtos a FEBAB acostuma facer campañas para recadar alimentos. Un exemplo é a levada a cabo en Cataluña a finais do ano pasado, onde recolleuse a positiva cifra de 2.727.000 quilos de comestibles. Unha voluntaria dos puntos de recollida de alimentos que se distribuíron en diferentes supermercados, Clara Ramos, destaca a sensibilización cidadá que houbo ao respecto: “Todos querían participar tanto que houbo excedente de voluntarios, desde xente xove ata xubilados, todos traballando pola mesma causa”. O éxito foi moi salientable pero hoxe en día xa non quedan restos da recadación e as ONGs deste ámbito están a tentar mobilizarse máis ca nunca. Por este motivo José Antonio Busto fixo no mencionado congreso unha chamada de atención especial ás empresas alimenticias: “Non queremos que nos dean soamente o que sobra, senón que dentro da súa responsabilidade corporativa nos cedan unha pequena porcentaxe do que producen”.

20130824 food ngo spain 3 The congress

Se tan positiva é o labor que realizan, que leva á xente coma Ovidio a rexeitar esta axuda altruísta? “Non me gusta ir a comedores sociais porque teño que mesturarme con outra xente que mírame e fálame, borboriñan sobre min preguntándose porque irei só. Ademais non me fío da súa boa vontade, creo que no fondo todos buscan beneficios. A xente non regala nunca nada”. O seu escepticismo cara este tipo de organización va máis aló, pois dubida do traballo que os comedores sociais levan a cabo. “As ONGs son boas para algúns, pero para outros non. Quen vai ás veces non é quen máis o necesita, moitos ata contan con propiedades propias”.

A postura que Ovidio mostra pódese deber a unha falta de información ou de interese cara aos novos servizos que se ofrecen. Despois de tantos anos sobrevivindo polos seus propios medios é difícil desfacerse dos costumes adquiridos e presentarse ante o mundo coma un vagabundo. “Moitos dos que se atopan nunha situación de garula como a miña é pola súa culpa, porque non queren adaptarse ao que lles está a suceder e a tomar alimentos de menor calidade. A xente pregúntame como se me ve tan saudábel. Simplemente, tes que saber vivir.”

Segundo o marco da Estratexia Europea 2020, a Unión Europea fixouse como obxectivo reducir en ao menos 20 millóns o número de persoas en situación de pobreza ou exclusión social. Preténdese acadar mediante unha proposta relativa ó Marco Financieiro Plurianual 2014-2020, cun orzamento de 2500 millóns de euros durante o período.

A pesar da opinión que a algúns lles poida merecer, a axuda social sen ánimo de lucro que a FEBAB está a promover fíxoa valedora do Premio Príncipe de Asturias da Concordia 2012. Así e todo, isto é só un pequeno incentivo para alentar a este tipo de entidades a continuar cun labor que lamentablemente estase a voltar o sustento de moitas familias. Namentres, Ovidio confesa que ve o futuro negro, non por el, senón pola xente que está ligada á sociedade e ten que pagar impostos. “Mentres haxa diñeiro poderase ir tirando pero cando se remate outro galo cantará. A pesar de todo o que eu teño claro: son moi feliz e aínda quédanme por vivir uns 30 anos máis, como mínimo”

[crp]

Autora Miriam Vázquez (España)

Estudos: Xornalismo e Ciencias Políticas e Administración.

Fala: Español, catalán, inglés, algo de francés e alemán.

Europa é… un lugar único onde xente de diferentes culturas, linguas e puntos de vista viven xuntos.

Twitter: @mirabroad

Traductor

Sergio Janeiro (España)

Estuda / Traballa: Licenciado en Administración e Dirección de empresas.

Fala: Español, galego, inglés, italiano e portugués.

Europa é… un gran cóctel de cultura, idiomas, arte, música e xente!

Revisor

Magali Meijueiro (España)

Estuda / Traballa: Traducción e Interpretación e Inglés como segunda lingua (ESL ensinanza)

Fala: Español, galego, inglés, francés

Europa é… un continente de contrastes.

Author: Anja

Share This Post On

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

css.php

Se continúa a usar esta páxina está de acordo co uso de cookies. máis información

A configuración das cookies nesta web establecen “permitir cookies” para darlle a mellor experiencia posible. Se continúa a usar esta web sen cambiar a configuración das cookies ou se pincha no botón “Aceptar” de abaixo, entón está consentíndoo.

Pechar