A vida real dos españois en Berlín

O número de españois que chegan a Alemaña multiplicouse por dous soamente nun ano, pero unicamente un terzo deles consegue supearr os primeiros meses de estadía. Amaya, Pedro e Pablo cóntannos como é a vida real dun español en Berlín.

Ei rapaces! Chego hoxe a Berlín, múdome indefinidamente e non coñezo a ninguén, polo que me encantaría ir a algunha quedada ou incluso simplemente quedar a tomar un café, que a soidade é moi mala!

Esta mensaxe, escrita por unha rapaza chamada Marta, apareceu durante o mes de agosto nun grupo de Facebook titulado “Españois en Berlín” e frecuentado por 4000 membros rexistrados. Outra páxina similar e co mesmo nome xa sobrepasa os 14000 usuarios.

En ámbolos sitios virtuais o obxectivo é o mesmo: botar unha man para que a adaptación a Berlín sexa menos complicada. Estudantes, transportistas, enxeñeiros, artistas, parados, enfermeiras… O taboleiro está cheo de persoas que piden ou ofrecen axuda para resolver o cuantioso papelame alemán ou para atopar un electricista barato.

Tamén hai persoas, como a moza que escribiu a mensaxe citada, que simplemente buscan compañía para facer máis levadeiros os primeiros días, os máis difíciles, nunha cidade estranxeira. Estas mensaxes abondan máis que o resto. Cada vez son máis os españois que marcharon para Alemaña, a cifra incrementouse un 50 por cento nun só ano: mentres que no 2011 chegaron uns 20000 españois, no 2012 foron case 30000, segundo datos da Oficina Federal de Estatística de Alemaña.

 

AMAYA LÓPEZ AYALA (Foto: Privat)

AMAYA LÓPEZ AYALA (Foto cedida)

Todo apunta a que a tendencia á alza continuará durante o ano 2013. Amaya López Ayala, por exemplo, acaba de chegar a Berlín e tamén pasou polo grupo de Facebook para contestar á mensaxe de Marta:/p>
Ola Marta! Eu estou igual ca ti: cheguei o venres e quedo indefinidamente. Eu acostumo sair todas as tardes a camiñar un pouco pola cidade para coñecela. Déixote o meu número para cando queiras (:

Amaya ten 24 anos e xa é Diseñadora Industrial. “Vin realizar un Máster en Diseño de Produto, pero tamén vin enriquecerme culturalmente, medrar como persoa e nutrirme de todo o que esta cidade pode ofrecer”. Nun principio ten proxectado quedar alomenos dous anos, “pero xa se verá. Todo depende das circunstancias e de como xurdan as cousas. O futuro é impredecible e máis para nós e nesta cidade”.

Espera atopar un traballo acorde cos seus estudos, “todo o mundo vén con ese propósito. Sei que os comezos custan pero hai que ser perseverante e se non atopo ao principio nada que se adapte ás miñas necesidades académicas, traballarei do que poida. Hai que comezar dende abaixo e pouco a pouco.”

Cuestionada sobre se tivo que renunciar a algo có cambio de país, a súa resposta é clara: “Renunciei a un montón de cousas! Á miña casa, ás miñas cousas, á miña familia, aos meus amigos, á miña parella, á miña cidade…Pero é que eu non o vexo como que renúnciase a algo ou a alguén, simplemente é unha oportunidade que se che presenta e os amigos e a familia, sobre todo a familia, sempre estarán aí. Se me permites un consello: hai que vir dispostos a comerse o mundo, porque se as cousas non saen ben, sempre se pode voltar á casa”.

Só un de cada tres españois consegue quedarse na Alemaña

Son moitos os que chegan, pero tamén son moitos os que deciden voltar á casa. O informe “International Migration Outlook” da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE) indica que só un de cada tres españois que chegan supera os primeiros meses de estadía na Alemaña.

PEDRO SÁNCHEZ (Foto cedida)

PEDRO SÁNCHEZ (Foto cedida)

Pedro Sánchez, médico de 24 anos, tomou a decisión de regresar despois dun ano vivindo en Berlín. “A miña experiencia previa como Erasmus no país fixo que moitas cousas non me pillaran por sorpresa, malia que soe a tópico, nunca cheguei a acostumarme ao longuísimo inverno. Ademáis era o meu primeiro contrato co mundo laboral alemán e sorprendéronme bastante as frías relacións entre compañeiros de traballo. É algo que aos españois particularmente chócanos moito”.

Ademáis deste escollo, “o que máis me desgastou foi o frustrante que pode chegar a ser o dominio do idioma”. “Despois de algo máis dun ano en Berlín cheguei á conclusión de que sacaría máis proveito á miña formación como médico na miña lingua materna. A distancia de familiares e amigos tamén comezaba a pesar máis do esperado. Neste sentido eu tiven a oportunidade de elixir onde traballar, pero desgraciadamente non é representativo da desastrosa situación actual en España.
Supoño que podo considerarme un privilexiado”.

Se puidese viaxar ó pasado para atoporse co “Pedro pre-Berlín!, aconsellaría que “fose comprensivo e paciente coas diferenzas culturais. A mobilidade europea axudou moito neste aspecto, pero as diferenzas sempre estarán ahí e hai que ter unha disposición e tolerancia moito maior que nun entorno habitual. Ademáis diríalle que non deixase de estudar e intentase mellorar o alemán, por frustrante que poida chegar a ser, e que por suposto mercase un bo abrigo nada máis chegar a Alemaña”.

Máis da metade dos xoves españois, sen traballo

Estas dificultades non parecen desalentar aos españois, que seguen chegando a Alemaña espoleados, principalmente, por unha taxa de paro do 26.9 por cento. O dato é aínda máis sangrante se concerne só ao paro xuvenil. O 57.2 por cento dos xoves españois non ten traballo, segundo as últimas cifras publicadas polo Eurostat.

PABLO LÓPEZ BARBERO (Foto cedida)

PABLO LÓPEZ BARBERO (Foto cedida)

Pablo López Barbero ten 27 anos e un Máster en Periodismo Económico. Pertencía a esa porcentaxe de xoves españois sen traballo e actualmente forma parte do terzo de españois que consegueu quedar en terras xermanas. Marchouse para mellorar a súa situación laboral e para “cumprir o meu soño de vivir na Alemaña”. Saíulle ben. Chegou en agosto do 2012 e dende entón conseguiu un traballo acorde coa súa preparación “e un piso no que estou a gusto”. Non se plantexa voltar a España, porque “gústame a vida que levo aquí” e ademáis non cre que puidera regresar sen dar un paso atrás laboralmente.

A clave do seu éxito radicou en que xa dominaba o alemán antes de chegar e coñecía o país tras disfrutar dunha beca Erasmus. Dende a súa perspectiva, moitos españois aterrizan cunha idea pouco realista de Alemaña. “Moitos non saben que aquí tamén existe precariedade, e de que forma…”. A maioría de españois que coñece en Berlín están contentos no país, “pero ningún pensa en quedar en Alemaña a longo prazo. Creo que hai moita xente aquí que se conforma co que ten pero dalgunha forma non conseguiu o que esperaba. O bo disto é que ao estar no estranxeiro, hai outras cousas que compensan, como aprender un idioma ou coñecer outros mundos. En España, estas persoas estarían frustradas”.

A mensaxe de Marta no grupo “ Españois en Berlín” obtivo 55 respostas en só 24 horas. Organizáronse saídas, intercambiáronse números e desexouse sorte aos recén chegados. Un terzo deles conseguirá quedar. O resto terá que voltar ás súas casas ao cabo duns poucos meses. “Este país non é O Dourado”, recalca Pablo, “que non se fagan excesivas ilusións, pero a experiencia que che dá estar fóra é impagable e Alemaña é un gran país do que aprender”.

[crp]

Autor

J. Ignacio Urquijo Sánchez (España)

Estudos: Xornalismo e Relacións Internacionais.

Fala: Español, inglés e alemán básico.

Europa é… unha mestura incrible de culturas, dende Shakespeare ata Cervantes, dende o monasterio de Rila ata o por de sol en Roque Nublo.

Blog: www.ignaciourquijo.wordpress.com

Twitter: @nachourquijo

Traductor

Sergio Janeiro (España)

Estuda / Traballa: Licenciado en Administración e Dirección de empresas.

Fala: Español, galego, inglés, italiano e portugués.

Europa é… un gran cóctel de cultura, idiomas, arte, música e xente!

Revisor

Magali Meijueiro (España)

Estuda / Traballa: Traducción e Interpretación e Inglés como segunda lingua (ESL ensinanza)

Fala: Español, galego, inglés, francés

Europa é… un continente de contrastes.

Author: Anja

Share This Post On

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

css.php

Se continúa a usar esta páxina está de acordo co uso de cookies. máis información

A configuración das cookies nesta web establecen “permitir cookies” para darlle a mellor experiencia posible. Se continúa a usar esta web sen cambiar a configuración das cookies ou se pincha no botón “Aceptar” de abaixo, entón está consentíndoo.

Pechar