Nas nosas carteiras

Todo o mundo ten unha carteira, e cuanto maior sexa a carteira, máis cousas podremos meter dentro. As carteiras son para o diñeiro, pero unha morea de cousas podemos atopar nelas. o que nos leva a pensar que son para todo. Recentemente as nosas carteiras convertíronse en algo social. Todo o mundo comezou a contar e voltar a contar os seus pendentes, os seus custos e ata as súas contribucións de pensións. Aquí van algunas carteiras mostrando como son usadas. O que tes ti na túa?

Nare

Nunca consigo atopar o tempo para limpar a carteira de papeis que non preciso. Teño tres tipos de moedas diferentes: Drams, Dólares e Euros, que non consigo encontrar o tempo para cambiar a Drams. O meu carné de conducir é o papel importante que sempre manteño na carteira, como o de identidade. E tamén teño 5 tarxetas con diferentes Santos pintados das que venden os nenos nas rúas. Cando eles aparecen e pregúntanme para mercarlles unha, simplemente, non podo dicir que non.

01 Nare

Sona

Estou aprendendo a tocar a guitarra. Os meus amigos déronme unha púa cunha foto de Paul McCartney’s que me gusta e uso moito. Como é pequena prefiro gardala na carteira para non perdela. Hai outra imaxe pequena que un amigo pintou para min. É unha pequena imaxen divertida de un bo día e por iso a gardo. Pero a razón para gardala na carteira é porque creo que é mellor que gardar a foto de alguén.

02 Sona

Robert

As cousas máis macanudas que levo na carteira son bos recordos de distintos lugares. Gardei unha entrada de cine para “X-Men 2” durante 10 anos, un ticket de Disneyland durante 4 anos e unha carta que o grupo WARAQ regaloume durante un ano e tamén os cartóns do metro de diferentes países. Non estou seguro de porque me gusta gardalas na miña carteira pero non penso sacalas pronto.

03 Robert

Diana

Sempre gardo cheques do banco, tarxetas, diñeiro e diferentes traballos en papel na miña carteira. O que non me gusta ter nela son as moedas de 10 e 20 céntimos. E parece que sempre teño unha morea delas a sabendas de que non me gusta telas! Ata teño un compartimento na miña carteira só para elas para non que non se mezclen coas outras moedas. Sempre que teño ocasión desfágome delas todas de unha vez. Tamén gardo 2 dolars americanos que o meu bo amigo tróuxome de América e decidín deixalos na miña carteira como souvenirs. Penso que me dan sorte.

04 Diana

Narine

Gardo a miña antiga tarxeta de traballo de 10 anos que fixen eu mesmo na miña carteira. Non as uso máis por estar pasadas de fecha, pero todavía teñen un espazo aquí. Outra cousa que conservei durante anos é o meu USB. Cando era estudante, internet era inservible para transferir información, polo que sempre tiña este “pincho” comigo para usalo se necesitaba copiar algo. Unha vez máis, pasado de fecha pero aínda aquí.

05 Narine

Eduard

Non me gustan as carteiras grandes porque son moi incómodas para camiñar cos bolsiños cheos. Esa é a razón pola que nunca gardei nada máis nela que non fora diñeiro e tarxetas. Alguna vez despois de usar a tarxeta do banco gardei os recibos na carteira. Pero ata os recibos non están moito tempo, despois de un tempo tíroos.

06 Eduard

Eva

A miña irmá comprou esta carteira para min, pero eu fun o que a escolleu. O meu talismán son as 1000 liras que atopei por casualidade mentras traballaba nunha tenda de segunda man e atopeinas nun bolsiño da roupa. Foi o meu primeiro traballo polo que estaba feliz de atopalos e o meu compañeiro escribíu algo en árabe nelas. Gardeinas 9 anos pero todavía non sei o que significan.

07 Eva

Tatev

Vermello é a miña cor favorita, esa é a razón pola que a miña amiga mercoume unha carteira vermella. Ela puxo 1 dolar dentro para a boa sorte. Engadindo máis sorte eu puxen 5 pounds e 1000 drams dentro xunto con 1 dolar como talismán. Tamén teño o único negativo de min antes de cumplir un ano. Por desgracia, non hai forma de convertila nunha foto de verdade porque está cortada.

08 Tatev

Vardan

A cousa máis emocionante na miña carteira é un billete de dolar que todos os membros do grupo de rock Viza asinaron. Foi o único papel que tiña na carteira cando lles preguntei para que me firmasen un autógrafo, así que este dolar nunca o vou gastar. Tamén gardo o meu afortunado billete de autobús de cando era estudante. Ten un algoritmo especial: son 6 números nuhn ticket e a suma dos tres primeiros é igual á suma dos tres derradeiros, traen sorte.

09 Vardan

Gayane

Recibín a carteira fai 7 anos como agasallo da miña irmá. Estou tan acostumado a esta carteira que ata despois de mercar dúas novas, todavía uso esta. Creo que me trae boa sorte, incluso sen considerarme a min mesmo creente destas cousas. Normalmente gardo diñeiro, tarxetas, recibos e algunas tarxetas de traballo.

10 Gayane

Violet

Adoro as moedas. Especialmente adoro os 500 drams armenios. Os pesados e brillantes 500 drams inspiran confianza, fante sentir importante coma se tiveras algo moi valioso na túa carteira. Tamén gardo pastillas para a dor de cabeza na carteira porque é o lugar máis rápido onde atopalas se fora necesario.

11 Violet

Murad

Amo a miña carteira, a onde quera que vaia, ela ven comigo. Gardo todas as miñas fotos que sempre gardei nela. Amo estas fotos e especialmente amo estar distinta en cada unha delas. Gústame ver a evolución ó longo dos anos. Escollín gardalas na miña carteira, porque é conveniente e sempre podo ensinalas ós meus amigos.

12 Murad

 

[crp]

Autora e fotógrafa

Tatevik Vardanyan (Armenia)

Estudos / Traballo: Matemáticas Aplicadas / Fotógrafo, foto-xornalista, documentalista, adestrador (Social Media, Web)

Fala: Armenio, inglés, ruso.

Europa é… unha colección entrelazada de culturas, persoas, historias e momentos no tempo.

Blog: tatevikvardanyan.com/

Instagram: @tatevikvardanyan

Twitter: @Tate_Vardanyan

Traductor

Sergio Janeiro (España)

Estuda / Traballa: Licenciado en Administración e Dirección de empresas.

Fala: Español, galego, inglés, italiano e portugués.

Europa é… un gran cóctel de cultura, idiomas, arte, música e xente!

Author: Anja

Share This Post On

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

css.php

Se continúa a usar esta páxina está de acordo co uso de cookies. máis información

A configuración das cookies nesta web establecen “permitir cookies” para darlle a mellor experiencia posible. Se continúa a usar esta web sen cambiar a configuración das cookies ou se pincha no botón “Aceptar” de abaixo, entón está consentíndoo.

Pechar