Mercado de Fusión – unha explosión de sabores estranxeiros

A selva urbana lisboeta ofrece un espazo de fusión onde o antigo e a modernidade mistúranse cunha gastronomía e cultura do mundo enteiro.

Cheira ben, cheira a Lisboa. Pero este verán Lisboa tamén cheira a outros lugares, nos que diferentes aromas e sabores invaden os sentidos, espertando novas sensacións. No centro da Praza do Martim Moniz atópase o Mercado de Fusión, un espazo dinámico con dez quioscos, que convidan a unha viaxe de degustación de manxares que desafían a imaxinación. Ademáis da comida, a Praza tamén é animada con varias actividades culturais, como cine, exposicións, obradoiros e música. Os sábados organízase a Feira Semanal do Mercado de Fusión, onde se venden diferentes produtos biolóxicos, artesanía, antigüidades e libros, entre outros.

20130825 mercade de fusao 5

A idea do Mercado de Fusión pertence a José Filipe Rebelo Pinto, mentor doutros proxectos culturais en Lisboa, como o Out Jazz e a recalificación de Cais de Sodré. O proxecto comezou co obxectivo de recuperar un dos barrios máis antigos de Lisboa – a Mouraria – onde a historia serpentea en tódalas rúas. Nun laberínto de rúas e casas antigas, respírase a simplicidade das persoas, cada un coa súa historia e a súa cultura.

Os quioscos foron transformados en pequenos restaurantes, que están abertos todos os días, durante todo o ano. Nestes quioscos que fan lembrar pequenas caravanas, a gastronomía do mundo está presente, ofrecendo pratos árabes, asiáticos, africanos, brasileiros, peruanos e portugueses.

No quiosco da Preta é obrigatorio probar ameixas piripíri, e outros pratos con cheiro a África. No Botequim de Moniz é para deixarse sorprender cós cheiros da comida carioca, para seguir ao Wasabi, onde rolos con cangrexo crocantes desfanse na boca, mentres que o quiosco de BBTMX, con comida chinesa, compite para tamén ser probada. A viaxe continua para América do Sur, onde pratos peruanos fan as delicias dos máis curiosos no quiosco El Cartel. Finalmente, non debemos esquecer pasar polo quiosco de Xico Esperto, onde os sabores nacionais marcan a súa presenza co queixo de Azeitão e doce de cabaza.

Namentres probo algúns destes pratos, observo ás persoas indecisas sen saber que escoller. Hai algo na comida que nos revela sobre o temperamento de cada cultura. Os pratos máis picantes ou os pratos máis doces reflexan características importantes sobre a forma íntima que cada persoa sente os diferentes sabores e incorpora a súa intensidade ao comportamento e a vivacidade. A través da comida é posible viaxar ao interior de cada pobo e descubrir os segredos que alimentan a súa alma e o seu espírito.

Devagar, levántome da mesa e vou pasear polo Mouraria. Os meus pés senten a calzada portuguesa, namentres os ollos vislumbran a simplicidade da arquitectura antiga. A Mouraría é un barrio cun legado urbanístico árabe, onde fai moito tempo que diferentes culturas misturábanse coa cultura portuguesa. Dende o aumento da inmigración no século vinte, o barrio ten sido habitado cada vez máis por persoas doutros países, cun comercio local multicultural, onde tendas chinas, indias, paquistanís, árabes ou rusas esténdense pola avenida e nas diversas rúas. Existe unha diversidade cultural cada vez máis patente, onde as imaxes de cada relixión reflíctense nas estatuas de Buda á entrada dos restaurantes chinos, nos veos que cobren os rostros, no sari colorido das mulleres indias ou no incenso que envolve o dragón mitolóxico para sentir a presenza ou a ausencia de Deus. Neste ambiente vivo e intenso, o silencio habita soamente nos ollos. Os 900 anos de historia gardan moitos misterios, cada un coa súa alegría e tristeza.

De feito, a Cámara Municpal de Lisboa está a investir en varios plans de rehabilitación do barrio. O proxecto aínda está en desenvolvemento e está a mudar lentamente a percepción das persoas en relación ao barrio. Nos últimos dez anos, Lisboa recibiu cada vez máis persoas oriundas de diferentes partes do mundo, cada unha trae un pouco da súa cultura e gastronomía, enriquecendo a paisaxe urbana.

20130825 mercado de fusao 7

Nesta cidade calorosa, o verán poder ser unha viaxe ao pasado e ao mesmo tempo, ao presente, onde o mundo está máis preto do que imaxinamos. Basta sentir os cheiros do sasafrán, da pementa e doutras especias mentres que sen decatarnos, viaxamos arredor do mundo.

[crp]

Autora Corina Lozovan (Portugal)

Estudos: Ciencias Políticas e Relacións Internacionais

Fala: Portugués, rumano, inglés, español, francés, ruso e básico árabe e xaponés.

Europa é… unha amalgama de persoas, historias e metáforas para manifestarse.

Traductor

Sergio Janeiro (España)

Estuda / Traballa: Licenciado en Administración e Dirección de empresas.

Fala: Español, galego, inglés, italiano e portugués.

Europa é… un gran cóctel de cultura, idiomas, arte, música e xente!

Revisor

Magali Meijueiro (España)

Estuda / Traballa: Traducción e Interpretación e Inglés como segunda lingua (ESL ensinanza)

Fala: Español, galego, inglés, francés

Europa é… un continente de contrastes.

Author: Anja

Share This Post On

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

css.php

Se continúa a usar esta páxina está de acordo co uso de cookies. máis información

A configuración das cookies nesta web establecen “permitir cookies” para darlle a mellor experiencia posible. Se continúa a usar esta web sen cambiar a configuración das cookies ou se pincha no botón “Aceptar” de abaixo, entón está consentíndoo.

Pechar