Existe un choque cultural entre parellas de distintas nacionalidades?

As parellas multiculturais son unha realidade cada vez máis común nas nosas sociedades globalizadas. As viaxes, os traballo e os estudos fan que se xeren novas xeracións nas que a comunicación e o respecto polas tradicións dos membros da parella son unha clave para unha convivencia duradeira. Porén, estas persoas tamén acostuman ser vítimas de numerosos problemas entre os que destacan os infinitos trámites burocráticos e a administración.

A globalización, as viaxes, as iniciativas educativas para fomentar a cohesión europea como as becas Erasmus e outro tipo de proxectos relacionados coa internacionalización de ideas e empresas deron como resultado que o número de parellas con distintas nacionalidades proliferen nos últimos anos. Porén, non todas as vivencias de amor son sinxelamente historias de dous.

O idioma, os costumes e tradicións, a familia ou a discriminación son só algúns dos elementos que afectan directamente ás parellas que proceden de distintas partes do mundo. Aínda que todas as relacións poden atravesar momentos de crise, eles téñeno claro: a comunicación e o respecto ás tradicións do outro son fundamentais para as parellas multiculturais.

Fai menos dun ano que Alessandra volveu da súa viaxe a Arxentina. Era a primeira vez que visitaba Latinoamérica pero, aínda que viaxaba soa, levaba a maleta chea de ilusións, posto que pasaría o seu primeiro Nadal no verán austral de Salta coa familia do seu mozo, Óscar. “Coñecémonos nunha festa de aniversario dun amigo de Óscar. Eu fun para acompañar a unha amiga, iso era ao principio do meu Erasmus”. Así relata a italiana a noite de 2010 na que coñeceu á súa parella. Tres anos despois, Alessandra e Óscar viven xuntos nunha vila da posta del Sol chamado San Pedro de Alcántara.

A convivencia foi sempre un dos fortes da parella italo-arxentina: “cremos que a cultura arxentina é moi parecida á italiana, por iso cambiaron poucas cosas, como por exemplo o xeito de expresarse”.

Tanto na casa como fóra dela, comunícanse en español. “É o idioma nativo de Óscar e a lingua oficial do país onde residimos, polo que o vemos como parte do cotián”, recoñece Alessandra, mentres puntualiza que tamén falan algo de italiano xa que Óscar o aprendeu nos últimos anos.

PHOTO 1 GABY Y DANIEL

Gaby und Daniel

Cousas de parella

Deixar de utilizar a palabra “carro” por “coche” e “coleto” por “fregona” foron algúns exemplos de cómo o vocabulario da venezolana Gabriela cambiou debido a residir en España coa súa parella Daniel. Dende que se coñeceron fai seis anos, a venezolana sempre se sentiu coma na casa. “En todas partes hai alguén que te axuda e dá consellos e iso agradécese, sobre todo, ao principio: a familia do meu mozo, no traballo e no día a día”, afirma Gaby.

Ao preguntarlle sobre o día no que se coñeceron a venezolana lembra todos os detalles. “Coñecémonos a través dos nosos curmáns, xa que cando eu cheguei a Málaga fai seis anos a miña curmá e o seu curmán eran mozos. O meu irmán e eu estivemos un tempo vivindo con eles e un día o seu curmán organizou unha grella e alí o coñecín”, lembra.

Pola súa parte, na relación venezo-española a vida de parella cambiou extraordinariamente a súas rutinas, especialmente as que se refiren aos horarios. Non é un mito: en España cómese, céase e dórmese máis tarde ca no resto do mundo. Gaby, por exemplo, ceaba dúas horas antes en Venezuela e ía á cama ao redor das 21.30, mentres que actualmente prefire ir durmir a partir das 23 horas.Segundo as cifras que publicou o boletín dixital estatístico ‘Mujeres en Cifras’, (‘Mulleres en cifras’) editado polo Instituto de la Mujer (Instituto da Muller) en febreiro deste ano, entre 1996 e 2011, celebráronse en España 386.113 matrimonios nos que ao menos un dos contraentes tiña nacionalidade estranxeira. Débese sinalar que, en 303.704 de ditos matrimonios, un dos cónxuxes tiña nacionalidade estranxeira e o outro de nacionalidade española, é dicir, no 78,66% dos casos unha muller ou un varón español contraíu matrimonio cunha persoa de nacionalidade estranxeira; os matrimonios nos que ambos cónxuxes teñen nacionalidade estranxeira foron 82.409 durante o período considerado.

PHOTO 2 ALESSANRA Y ÓSCAR

Alessandra und Óscar

Sen documentos

Non obstante, estas cifras non reflicten os problemas derivados da xenofobia ou o racismo que poden sufrir estas parellas multiculturais. “Óscar sufriu discriminación en España ao principio da nosa relación porque, ao non ter papeis, era complicado subsistir traballando sen documentos”.

De feito, moitos inmigrantes con parella deben atravesar esta complicado situación pola que en numerosas ocasións vense obrigados a aceptar empregos con salarios inferiores aos dos seus compañeiros europeos, realizar máis horas de traballo ou, sinxelamente, non se acoller ás vantaxes laborais do resto do equipo.

“A situación mellorou cando nos fixemos parella de feito”, afirma Óscar. Unha sentencia do Tribunal Supremo español equiparou os matrimonio e parellas de feito, aos efectos de solicitar a autorización da residencia como familiar de cidadán comunitario o día 3 de novembro de 2010, polo que a parella italo-arxentina non o pensou dúas veces.

A solución para ser cidadáns de pleno dereito na Unión Europea pasaba por un trámite burocrático que permitía a Óscar facer exactamente o mesmo que fixera Alessandra no Nadal, viaxar a Italia para coñecer a súa familia política.

[crp]

Autora

Ruth de Frutos (España)

Estudos: Doutora en Xornalismo na Universidade de Málaga.

Fala: Español, italiano, inglés, algo de portugués

Europa é…dende o meu punto de vista, Europa é unha enorme veciñanza, onde diferentes persoas residen en cada planta ou cada bloque, e necesitan entenderse.

Twitter: @ruthdefrutos

Traductora Cristina García Cao (Spain)

Estuda / Traballa: Comunicación Audiovisual e Arte Dramático

Fala: Español, galego, inglés, francés, portugués e un pouco de grego

Europa é… unha ensalada. Un delicioso bocado dun pouco de todo.

Twitter: @cristoniasgcao

Flickr: cristinagcao/

Revisor

Sergio Janeiro (España)

Estuda / Traballa: Licenciado en Administración e Dirección de empresas.

Fala: Español, galego, inglés, italiano e portugués.

Europa é… un gran cóctel de cultura, idiomas, arte, música e xente!

Author: Anja

Share This Post On

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

css.php

Se continúa a usar esta páxina está de acordo co uso de cookies. máis información

A configuración das cookies nesta web establecen “permitir cookies” para darlle a mellor experiencia posible. Se continúa a usar esta web sen cambiar a configuración das cookies ou se pincha no botón “Aceptar” de abaixo, entón está consentíndoo.

Pechar