…a nova revista para Europa, unha cooperación duns vinte redactores e máis de cen tradutores de todo o continente. Moitas persoas adicaron unha morea de esforzo neste proxecto durante as derradeiras semanas e meses. Espero que o resultado vos guste.
Este non é o lugar idóneo para desvelarvos toda a “historia de MH” , pero quixera compartir con vós o que para min significa ser parte disto: dende fai xa bastantes anos comecei a crer con firmeza no Soño Europeo, un soño de paz e amizade, de non abandonar as tradicións e culturas nacionais e rexionais mentres construímos unha europea. Dísenos moi a miúdo que este soño nunca se fará realidade, e que a Unión Europea é un mero instrumento económico que os seus membros usan cando lles convén.
Lémolo nos xornais, oímolo na radio e na televisión: Europa está lonxe de estar unida. Que a xente do sur é preguizosa e nunca paga impostos. Que todos os británicos queren saír da Unión Europea. Que novos membros como a Rumanía ou a Croacia só buscan beneficios económicos, sen ter ningún outro tipo de interese no proxecto. Que á xente do norte de Europa non lles gustan os gregos e que a os gregos non lles gustan os alemáns e que aos alemáns non lles gusta ninguén.
Agora ben, deixádeme diciros unha cousa: neste intre estades vendo unha web que foi creada por mozos e mozas de toda Europa. No seu tempo de lecer. Non porque se lles pague diñeiro, senón porque cren na idea que hai detrás deste proxecto.
Deixádeme diciros máis cousas: os gregos que contribuíron coas súas historias foron dos máis fiables de todos. O equipo de tradución británico é un dos máis grandes que temos, cunha ducia de persoas amosando de todo menos falta de interese por Europa. O equipo rumano conta con menos membros pero no entanto logrou traducir case tódolos textos. Por certo, eu son alemá e ninguén manifestou malestar ningún ao respecto.
Evidentemente non todo foi perfecto e sen problemas: moitas persoas uníronse con gran ilusión, só para decirnos dúas semanas máis tarde que desafortunadamente xa non podían participar máis. Algúns simplemente abandonaron de forma silenciosa e non voltamos ter noticias deles… Aínda faltan idiomas na web, coma por exemplo o francés. Non sei por que. Quizáis aínda non dimos coa xente adecuada.
Pero a pesares de que algúns marcharon, finalmente podemos presentarvos grandes historias nuns vinte idiomas.
Antes de que remate, quixera responder a unha pregunta que me fixeron moitísimas veces: por que publicades en todos estos idiomas cando calquera é quen de ler en inglés hoxe en día? A linguaxe constitúe unha gran parte de quen somos, da nosa herdanza, mesmo do xeito en que pensamos. Para min as diferentes linguas que temos representan o núcleo de Europa: todas son difrentes e únicas, pero ao mesmo tempo están relacionadas, pertencen a unha gran familia. Xa sabedes, mentres escribo isto nin sequera sei en qué idioma o ides ler e isto prodúceme unha boa sensación.
Desexamos que disfrutedes de “Meeting Halfway” e que nos vexamos pronto de novo.
Maria-Xenia Hardt e todo o equipo MH.
[crp]
Comentarios Recentes